Femme ergue a vista de novo

A colaboración da pintora Dulce Anca coa profesora Dolores Villaverde ven do ano 2007
30 de Novembro, 2018 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

Mulleres e homes que reclaman vida, libres, sen medo, no 25N. Tras ese epígrafe preséntase a exposición colectiva sobre a investigación arredor da misoxinia e a violencia contra as mulleres.

ESCOITA O PODCAST:

A Universidade e a Arte ao servizo dunha boa causa: acabar coa violencia sobre as mulleres. A pintora Dulce Anca, afincada en Barallobre (Fene) entrou en contacto casualmente, hai xa un tempo, coa profesora Dolores Villaverde e co MASS research group da UDC que levou a cabo un traballo de investigación sobre a violencia de xénero e o seu tratamento nos medios de comunicación ou na Arte. Anca rescata os paneis daquela mostra e o seu cadro símbolo da muller libre que fixo para o seu proxecto "Femme". Todo iso enmarcado entre auga e alegrías. Desde o 25N nolo amosa no local da Liga de Amigos de Barallobre. Con ela visitamos a mostra da que nos fala con paixón e entrega á causa da muller, da igualdade e da vida.

Cultura

Publica o teu comentario agora