Fene á cabeza no salvamento marítimo de Galicia

Fene á cabeza no salvamento marítimo de Galicia

22 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ministro de Fomento, José Blanco, volve a Fene - A Coruña- este sabado 25 de xuño, para inaugurar a Base estratéxica de Salvamento e loita contra a contaminación mariña ubicada na área industrial de Vilar do Colo. Despois trasladarase á Coruña para presentar os medios de salvamento marítimo “Sar Gavia” e “Helimer 211”. O Ministro de Fomento será recibido ás 10 da mañá en Fene polo

Acompañado do Delegado do Goberno, saudará ao personal que presta os servicios na base de salvamento de Vilar do Colo e os responsables da base, Marcos Riestra e Jaime Ponte, explicarán mediante unha infografía as características e funcionamento da Base Marítima para despois xirar unha visita polas instalacións. A construcción da infraestructura supuxo un investimento de oito millóns de euros De momento empleará aos catorce operarios xa existentes.

Fene é a base máis avanzada porque é a única que conta con instalacións propias de nova construcción, pensadas de xeito específico para os servizos que vai albergar. Tamén é, xunto coa de Sevilla, a de maior superficie e capacidade de almacenamento e xestión de equipos de toda España. Manifestouno así o ministro de Fomento José Blanco o 31 de marzo do 2010, nunha visita á base de salvamento de Vilar do Colo, daquela ainda en obras.

O recinto fenés contén, 65.000 metros de barreiras anticontaminación e un sinfín de elementos empregados nesa tarefa. A base tamén é a central de operacións do grupo de submarinistas de Salvamento en Galicia, para o que contan co único robot sumerxible a 1.000 metros de España, o ROV Comanche.

Hai un mes que comezou o traslado dos materiais almacenados na nave da antiga Imenosa en Navantia Fene, ata as novas instalaciones do polígono de Vilar do Colo. Todo está a punto para a inminente inauguración do sabado.
Rematado o acto de inauguración, ás 10 e media sairá o Ministro de Fomento en dirección á Coruña. Outras autoridades convocadas ao acto son a Directora de Sasemar, Mª Esther González, o director de operacións, Xaquín Maceiras e o xefe de operacións especiais, Juan Moreno. Tamén asiste o Capitán marítimo de Ferrol, Jorge Cao.

Sociedade