Fene acolle esta fín de semana o Mercado do Medievo

Fene acolle esta fín de semana o Mercado do Medievo

12 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IV Encontro co Medievo chega a Fene mañán venres, da man do concello de Fene e a Asociación O Tadetas. A praza e Avenida do concello será o escenario do Mercado do Medievo fenés. Para situala uns centos de anos atrás, precísase que os establecementos de hostelería se decoren adecuadamente así como se pide aos veciños-as que porten unha indumentaria ao uso.

Un bufón xigante acollerá cada dia aos visitantes e os conducirá aos espectáculos de circo, teatro ou malabares que se sucederán dende mañán venres ao domingo con protagonistas como Don Rodrigo da Torre, o Trasno loco ou O Cabaleiro das tebras. As noites acabarán sobre as 22.00h con espectáculos de lume .

Entre os postos de venda e de gastronomía atoparemos talleres de vidro, coiro, de elaboración de pan, así como unha ludoteca para os pequenos. A comida e bebida será abundante, segundo declarou o concelleiro de Promoción Económica e Facenda, Juan José Franco. O Mercado do Medievo de Fene abre mañán ás 19.00h e pecha o domingo contra as 22.00

Sociedade