Fene acolle a I Exhibición de Ximnasia Rítmica

Fene acolle a I Exhibición de Ximnasia Rítmica

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A I Exhibición de Ximnasia rítmica chega ao concello de Fene o sabado dia 18 coa participación de 360 ximnastas e a presentación de espectáculos novidosos como o do Circo Espreso de Santiago ou as acrobacias que virán dunha agrupación de Pontevedra. A Concelleira de Deportes, Carmen Silvar, presentou a exhibición esta mañán xunto á profesora da escola municipal de ximnasia rítmica, Mariana Parga.

Carmen Silvar destacou que será a primeira vez que os feneses poidan asistir nas instalacións do pavillon de San Valentín a un espectáculo deste tipo onde nada menos que 360 rapazas de entre 3 e 16 anos protagonizarán as exhibicións da sempre vistosa ximnasia rítmica. Son nenas afiliadas a un total de 13 clubs ou escolas desta modalidade deportiva, tanto da comarca como do resto de Galicia.

A profesora da escola municipal de ximnasia rítmica,  Mariana Parga, explicou que veremos entre as 4 e as 8,30 da tarde un total de 80 actuacións, entre exercicios individuais e conxuntos, destacando un espectáculo que se ofrecerá no medio das exhibicións, que non se ten visto por esta zona, a do Circo Expreso de Santiago, a base de danzas aéreas e deslizamentos sobre telas para a cal se montará unha estrutura con arneses no teito do pavillón, da que colgarán telas de 7´5 metros nos que a deportista realizará acrobacias deslizándose por elas.
Dende Pontevedra amosarannos outro espectáculo relacionado coa ximnasia acrobática.  A entrada ao pavillón será gratuita. A concelleira Carmen Silvar quixo agradecer aos pais e nais das ximnastas o seu esforzo para poder contar con agasallos para todas ao final da exhibición. Ao acto de clausura asistirá o alcalde.

Sociedade