Fene acomete a estación de bombeo no peirao de Barallobre.

Fene acomete a estación de bombeo no peirao de Barallobre.

01 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Avanzan en Fene as obras das estacións de bombeo que se unirán  á rede que conducirá os verquidos á EDAR de Chanteiro. Comenzou no peirao de Barallobre a construcción do tanque de bombeo que irá dar á vella depuradora do muelle de Maniños. O luns asinouse a acta de replanteo da estación depuradora dos peiraos de Maniños e Barallobre, segundo nos comunica o alcalde de Fene, Gumersindo Galego.

Xa queda menos. Rematado o tramo de San Valentín, agora falta conectar coa estación de bombeo instalada no peirao de Perlío. Hai que cruzar a nacional VI dende San valentín a Navantia para completar ese tramo da rede. Xa se completou o tramo que discurre de Perlío a Barallobre onde comezaron as obras do tanque de bombeo. Despois quedará a conexión das estacións de bombeo á rede xeral. Ares, Mugardos e Fene teñen acordado que a xestión e o mantenemento das suas estacións faránse conxuntamente. O alcalde de Fene adianta que as previsións que barallan para que todo estea a punto, son ao final deste ano 2012.

Sociedade