Fene aforrará 200.000 € co recorte salarial dos funcionarios

Fene aforrará 200.000 € co recorte salarial dos funcionarios

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene aforrará arredor de 200.000 euros en aplicación do recorte salarial aos funcionarios e empregados municipais. O alcalde Iván Puentes confirmou a súa disposición a reducir tamén as percepcións dos concelleiros, na liña das recomendacións da Federación Galega de Municipios e Provincias.

O Concello de Fene agarda coñecer en detalle o texto do real decreto onde se concretan as medidas de axuste. Ao parecer os cartos aforrados pola reducción salarial, terán que adicarse necesariamente a sufragar a débeda pendente. O alcalde pretendiao adicar á criación de emprego. Segundo Iván Puentes, unha vez se coñeza a liquidación do orzamento do ano pasado, e se fagan os axustes pertinentes no presuposto do 2010, convocaráse a sesión plenaria para a aprobación das contas. Iso permitirá entroutros asuntos a contratación de desempregados.

Sociedade