Fene aparca as piraguas ata o verán que ven

Fene aparca as piraguas ata o verán que ven

25 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai uns días foi o tenis e hoxe remata a outra actividade de Verán no concello de Fene, o piragüismo. Ás 13,30 h entregaronse os diplomas ao alumnado desta actividade, que se veu desenvolvendo na praia de Almieiras dende o 11 de xullo. Logo do remate da última clase, ás 13.30 horas, entregaronse os diplomas a tódolos participantes das dúas quendas do curso, un acto no Bar O emigrante, colaborador da actividade.

Queda aínda en funcionamento outra actividade ata o 31 de agosto; a ximnasia de verán que se desenvolve os luns, mércores e venres, ao aire libre,  de 9,30 a 10,30 da mañáno Paseo marítimo de San Valentín e de xeito gratuito.

Vai rematando o verán e o Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene organiza unha despedida do verán para o sábado da vindeira semana, o 3 de setembro. Haberá degustación de empanada, mexillóns, pan e viño. Ao remate baile amenizado por Chevalier. Comezará o sábado 3 de setembro, ás oito e media da tarde, segundo informa o presidente do Círculo, José Manuel Romero.

Sociedade