Fene celebra o centenario de Pérez Parallé

Fene celebra o centenario de Pérez Parallé

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle por primeira vez a exposición foto-biográfica sobre o poeta Xosemaría Pérez Parallé.  A mostra fraguóuse na sua parroquia de Barallobre no 2007,  coincidindo co Congreso do vixésimo cabodano organizado pola Liga de Amigos de Barallobre. Agora, cando se cumpren 100 anos do seu nacemento, este compendio de documentos que resumen a vida e a obra de Pérez Parallé amósa

A mostra reúne fotos e documentos cedidos pola sua viuva, dona Juana Porto. Secuencias da vida do poeta pasan cronoloxicamente polas imaxes mentres que centos de documentos, clasificados segundo o contido, repousan en vitrinas para a consulta teimuda dos curiosos. A correspondencia de Parallé con personaxes como Otero Pedrayo ou Agustín Sixto Seco nos anos 60; os documentos que o ligan á sua faceta laboral en Astano como mestre de aprendices; documentos que dan fé da repercusión da actividade cultural de Parallé na prensa da época ou os numerosos artigos, pezas de teatro que el denominaba pasatempos, letras para as rondallas, etc…

Todo iso está na exposición que se mostra en Fene e que debemos ao traballo agarimoso de persoas como Andrés Cabana, César Martínez ou Alexandre Ripoll. Parallé naceu o dia 4 de xuño de 1909 e, coincidindo con esa data, as duas Sociedades de Fene coas que máis se relacionóu o segrel, ríndenlle  unha homenaxe. As sociedades Liga de Amigos de Barallobre e CMI Unidade de Fene son as artífices da iniciativa que conta co apoio da Concellería de Cultura que preside o nacionalista, Edgar Vigo. Os dias 4 e 5 de xuño celébraranse os actos de homenaxe que se distribuirán entre as duas entidades.

O dia 4 abriranse os actos en Barallobre cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha praca conmemorativa no parque que leva o nome do escritor. O dia 5, xa nos locais de San Paio procederase á escenificación dun diálogo en verso “Noite” de Parallé e un recitado do poema “Lembranzas de Fene”. A homenaxe incluirá conferencias e actuacións musicais.

Sociedade