Fene celebra o Día de Galicia

Fene celebra o Día de Galicia

20 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O coro infantil Agarimo de Sillobre cantou o himno galego no parque liñal do Río Cádavo a carón do Monumento á Patria Galega no acto institucional do concello de Fene. O exalcalde, Rivera Arnoso, tomóu a palabra como convidado este ano para ler o manifesto do 25 de xullo. Amancio Prada canta dende as 22.00 h. na Praza do Concello de Fene, pechando o Ciclo Día Nacional de Galicia.

Empezou a intervención, Xosé Mª Rivera, lembrando a inauguración do monumento hai 10 anos e acabou cuns poemas. No discurso citou a Castelao e Celso Emilio Fereiro, e referiuse á difícil situación pola que atravesan os galegos-as, cun guiño especial para o sector naval.

A xornada rematou onte coa actuación das corais e rondallas fenesas na Praza do Concello. Nese lugar péchase hoxe o Ciclo Día Nacional de Galicia co concerto de Amancio Prada, dende as 22.00 h. O cantor bercián repasará esta noite en Fene a sua querencia polos poetas galegos, dende os trovadores a Álvaro Cunqueiro.

Sociedade