Fene celebra a sua 1ª Festa Marítima

Fene celebra a sua 1ª Festa Marítima

14 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xusto enfrente ao porto ferrolán están os peiraos de Maniños e Barallobre. Neste lugar da ribeira vaise celebrar a 1ª FESTA MARITIMA. Concello de Fene. Será na primeira fin de semana de Setembro, o sabado 4 e o domingo 5. Artesanía, talleres e degustación de productos do mar conforman o groso da programación xunto a unha viaxe en barco pola ria.

A feira abrirase ao público de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 00.00 os dous dias.
O víspera de abrirse a Feira Marítima no peirao de Barallobre, o venres 3 de setembro, o concello de Fene programa unha viaxe polas rias de Ferrol e Ares de 3 horas de duración con xantar incluído a base de productos das nosas rias. A saida do barco está prevista para as 2,30 dende o peirao de Barallobre. Hai que apuntarse previamente, antes do 31 de agosto, no propio concello. O prezo por persoa é de 35 € que se paragarán o mesmo dia no barco. O menú constará de mexillóns, pescada e vieiras, postre e café. Colabora na travesía, a Confraría de Barallobre.

Sociedade