Fene contrata un xornalista para a emisora municipal

Fene contrata un xornalista para a emisora municipal

18 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene contratará un xornalista para a emisora municipal. Trátase da cobertura dunha baixa por enfermedade. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no prazo de oito dias contados desde o pasado sábado.

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado venres as bases que rexerán esta contratación, de carácter interino, mentras dure a baixa da titular do posto. A lista dos resultados obtidos no exame utilizaráse como bolsa para contratacións que teña que realizar o Concello de Fene para a emisora municipal durante o ano 2010.

Sociedade