Fene conxela as taxas municipais e delega o cobro na Deputación

Fene conxela as taxas municipais e delega o cobro na Deputación

27 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene aprobou por unanimidade conxelar os impostos municipais para o 2010. A decisión adoptouse tendo en conta a situación de crise económica e de desemprego. Unicamente se modifica o IBI que paga Autopistas del Atlántico, e se incorporan ao imposto de vehiculos, os quads, coches sen carné e as autocaravanas.

Tamén dende o 2010 será a Deputación a que se encargue de cobrar os impostos municipais, Esa decisión adoptouse co voto en contra do BNG, quen indicou que o servizo empeorará ao eliminarse o cobro polas parroquias e reducir os dias de pago a 3 por semana. O edil de Facenda Rodriguez Carballeira explicou que a empresa que realiza actualmente o cobro finaliza a súa prestación a finais de ano. Optouse por cederllo á Deputación, xa que o organismo provincial fará entregas mensuais a conta e iso favorecerá a liquidez das arcas municipais.

Sociedade