Fene da os parabéns a Ángela polos 102 anos

Fene da os parabéns a Ángela polos 102 anos

08 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Poucas veces temos a oportunidade de contarlles historias tan bonitas como esta, que unha persoa celebre os 102 anos de vida. Non é habitual pero en Fene, o alcalde xa felicitou a duas centenarias en pouco tempo. Ás 13.00 horas Gumersindo Galego chamaba á porta de Ángela Vilar Martínez, veciña da rua Eduardo Neira de Perlío, cun ramo de flores na man para cantarlle o Cumpreanos Feliz. Co alcalde, a edil de Servicios Sociais, Juana Barro, déulle o

Ángela, rodeada da sua irmá ( 94 anos) e os seus tres fillos, recibiu coa lucidez que a caracteriza, unha insignia do concello de Fene. O que responde cando se lle pregunta polo segredo da sua lonxevidade é que o único que fixo na vida foi “traballar e traballar”. Ángela Vilar naceu en Lubián, parroquia de Sillobre, fará o domingo 102 anos. Crióu ela soa aos tres fillos cando o seu home marchou para América.  

Sociedade