Fene debaterá os orzamentos do 2013 antes de fin de ano

Fene debaterá os orzamentos do 2013 antes de fin de ano

15 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene- A Coruña- debaterá en Pleno os orzamentos deste ano nas vindeiras semanas. O Partido Popular someterá as contas municipais sen contar co acordo previo de ningún grupo da oposición. A alcaldía pretende aprobar o presuposto antes de finalizar o exercicio. Gumersindo Galego entregoulle onte á oposición o borrador definitivo de ingresos e gastos, coa intención de sometelo á consideración da Corporación n

Os orzamentos do Concello de Fene do 2013 entran nunha nova fase. O borrador do texto económico de Fene para o 2013 repartiuse onte entre os grupos da oposición coa intención do goberno de aprobalo antes de fínais de ano. O BNG vé nisto unha operación preparada a conciencia polo PP que ten a lei a favor porque o alcalde ten a potestade de presentalos unha segunda vez, iso sí asociados a unha moción de confianza, se foran rexeitados na primeira volta. Explicouno o portavoz do BNG, Manuel Polo no espacio As Foxas de Radio Fene. Os nacionalistas ven pouco probable a moción de censura a estas alturas do mandato, segundo afirmou esta mañá Manuel Polo. 

Sociedade