Fene e Cabanas beneficiáronse da eficiencia enerxética

Fene e Cabanas beneficiáronse da eficiencia enerxética

22 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou esta mañá en Fene o resultado dos traballos de mellora da eficiencia enerxética realizados de xeito conxunto entre os concellos de Fene e Cabanas. A sinatura da recepción das obras fíxose en Barallobre, coa presencia dos alcaldes, Gumersindo Galego e Germán Castrillón, na rúa Casal de Sandulfe, á altura do cruce coa estrada da Palma, ás 10 da ma&ntil

Con eses cartos os dous municipios levaron a cabo actuacións para mellorar a eficiencia enerxética en parte do alumeado público que consistiron na unificación de cadros de mando, na implantación de lámpadas máis eficientes e na retirada e tratamento das máis contaminantes. No caso de Cabanas instaláronse tamén reloxos astronómicos para axustar as horas de funcionamento do alumeado. Belén do Campo animou a outros concellos a facer a solicitude conxuntamente.

En Fene o novo alumeado instalouse en doce lugares: no Belelle, Camiño de Arriba, Costa da Lagarteir, no Ameneiro (San Marcos);  na Gándara en Buio; a Fonte Nova, As Picas, Costa de Xan en Romariz e no Camiño de Sandulfe no Penedo de Arriba. Aínda no camiño dos Limoeiros; Rúa do forno e Almieiras. Gumersindo Galego declarou que o concello aforrará uns 14.000 euros anuais co novo sistema.

Ambos concellos beneficiaronse desta axuda grazas á proposta conxunta que presentaron para optar ás achegas do Fondo de Compensación Ambiental a través da liña competitivaque na provincia subvencionou en 2013 ata 15 proxectos. En Cabanas, víronse beneficiados os lugares do Igrexario e Barqueiro, Regüela, San Martiño e Lousido.

Outros concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal tamén recibiron estas axudas, segundo declarou a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, como Neda, Aranga e Monfero ou Cerdido. A distribución do canon eólico beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior, reportándolles un importante aforro neste momento de dificultades económicas.

Sociedade