Fene e o emprego

Fene e o emprego

06 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, referiuse esta mañán aos datos do desemprego do mes de outubro. Fene é dos poucos concellos da comarca que reflexa un dato positivo, con 8 empregados máis. Datos moi relativos, segundo palabras do alcalde fenés que ten postas todalas esperanzas en que chegue pronto traballo a Navantia. Nese sentido referiuse ás espectativas dos floteis para México, a novos contratos que poderían vir antes de fín de ano

Sen sair do ámbito laboral, Galego lembra que Fene ten demandado unha nova Escola Obradoiro para a que xa están deseñados os cometidos: a rehabilitación de zonas como a pìsta polideportiva de Fonte do Campo; o parque Rosalía de Castro en Perlío ou a contorna das vivendas do Castro.

Dirixido á xente desempregada, disfrute ou non das prestacións por desemprego, é o programa “Ártabra emprega” unha iniciativa na que participan os concellos de Mugardos, Neda, Fene, Cabanas e Pontedeume. Cun investimento de 300.000 € trátase de formar a 100 persoas en paro para reubicalas no mercado laboral, segundo explica o alcalde de Fene. O compromiso de "Artabra Emprega" é que ao final da formación consigan un traballo, dun ano de duración, o 35% dos participantes. Por certo que neste momento o concello de Fene ten outorgado un curso de formación de pintores-as que fan prácticas pintando o edificio do Xulgado.

Sociedade