Fene e Ortegal enfrontanse o domingo por partida doble

Fene e Ortegal enfrontanse o domingo por partida doble

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un doble choque entre Fene e o Ortegal viviráse este domingo dentro da Copa da ría de fútbol afeizoado. Mentres o Perlío xa deu por finalizada a tempada, Maniños e Barallobre preparan con intensidade a competición copeira.

O Barallobre recibirá ao Ortigueira no campo do Ramo o domingo ás 5,30 da tarde. O técnico Javier Aguilar realizará o último adestramento na tarde do venres, e para o partido contará coa baixa segura de Iván Mourente por ocupacións particulares. O Cultural Maniños desprazaráse a Cariño co seu plantel ao completo. Angel Mahía convocou sesións de adestramento para esta tarde, o xoves e o venres coa firme intención de lograr unha victoria que lle permita seguir adiante na competición.

Deportes