Fene encara o Nadal cun Mercado Medieval

Fene encara o Nadal cun Mercado Medieval

05 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene encende esta tarde o alumeado público de Nadal. Ás 8,30, alcalde e concelleiro de promoción económica, apretarán o botón máis navideño para a veciñanza e para o comercio local. Xente do Mercado Medieval Navideño ofrecerán nese momento un espectáculo para presentalo. Antes, ás 16:30 entregarán os Premios del I Concurso Gastronómico da Pataca Concello de Fene, un concurso  que

Pleno e acto da Constitución

No medio de tanta inauguración, a corporación fenesa debe reunirse no último pleno ordinario do ano 2013. Como sempre a sesión empezará ás 6 da tarde. No pleno daráse conta da situación orzamentaria do 3º trimestre do exercicio do 2013. A suba do canon de Sogama polo tratamento do lixo é o motivo de duas iniciativas que presentan a bebate os grupos do BNG e PSOE contra esa medida. O edil socialista, Antón Noceda, achacóu a suba por parte de Sogama á sua propia incompetencia polo que os veciños non teñen por qué pagar.
Os nacionalistas presentan a debate outras duas mocións, unha de apoio á querela arxentina contra os crimes do franquismo e outra contra a impunidade da marea negra do Prestige e pola  transferencia das competencias marítimas á Xunta de Galicia. O concelleiro responsable de persoal proporá neste pleno a aprobación definitiva da relación de postos de traballo.  O pleno celébrase ás seis da tarde.

Seguro que neste pleno o alcalde convidará á cidadanía a participar mañá no acto de celebración da Constitución española, un acto sinxelo, segundo o definíu o alcalde, previsto para o mediodía, que contará coa intervención do alcalde, Gumersindo Galego, e dun reprentante de grupo político. Ao final do acto, no salón de plenos, servirase unha copa de viño.

Sociedade