Fene , escenario da mobilización do Naval do 12 de marzo

Fene , escenario da mobilización do Naval do 12 de marzo

11 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A decisión de Navantia de negar a participación do estaleiro de Fene na construcción do flotel para Pemex, está na orixe da mobilización que mañá discurrirá polas rúas de Fene. Os traballadores de Navantia Fene e Ferrol e os das auxiliares chegarán á praza do concello ás 17.30h para celebrar alí unha asamblea cidadá. Antes manterán un peche nas factorías.

Dende a estación de servicio das Pías discurrirán xuntos cara a Fene para esixir ao Goberno, á Sepi e á dirección da empresa, carga de traballo para recuperar a actividade ( o 70% dos planteis están completamente inactivos) e o emprego perdido na industria auxiliar. Iso conleva, a reactivación da construcción militar, a construcción do dique  e a desaparición do veto. O reparto de carga de traballo entre os dous centros da ría e a participación de Fene na construcción do flotel de Pemex resumen as aspiracións que se manifestarán na mobilización en Fene.

A corporación muinicipal presta o seu apoio a esta mobilización tal e como quedou patente no pleno celebrado a semana pasada. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, facía unha precisión esta mañá a propósito do veto. Despois de afirmar que era arriscado cortar chapa do flotel en Fene, porque “nos miran con lupa”, pedía mesura nesa reclamación de compartir o traballo con Ferrol, argumentando que para o 1 de xaneiro do 2015, data de remate do veto,  quedan nove meses e aínda podemos chegar a tempo.

Mañán ás 17,30h chegará á praza do concello a marcha dos traballadores do Naval, do plantel e das auxiliares. Os cidadáns están chamados a participar nela porque é un asunto que atinxe a toda a cidadanía.

Sociedade