Fene festexou a Constitución

Fene festexou a Constitución

07 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Numerosos veciños-as acudiron ao acto da Constitución no concello de Fene. O salón de plenos acolleu a simpatizantes dos tres grupos municipais, agás o Bloque, que non acudíu ningún ano. Celebróuse o 33 aniversario da carta Magna que para o deputado, Lage Tuñas, convidado polos socialistas, é a única garantía de convivencia democrática, de defensa dos dereitos das persoas. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, foi por p

Máis incisiva que nunca foi a intervención da portavoz de EU no acto da Constitución. Mª Carmen Martínez desmenuzou algúns dos dereitos que preserva a Carta Magna para demostrar que non se cumplen. O dereito a non ser discriminados, o dereito ao traballo, a unha vivenda digna ou o dereito á educación e á sanidade.  Tampouco evitou a edil de EU referirse ás  percepcións económicas sangrantes que o estado aporta á Casa real, e que cifrou nos últimos cinco años en máis de 43 millóns de euros.
O mesmo que as aportacións á iglesia que tachóu de incalificables.

Finalmente os asistentes celebraron cun viño o 33 aniversario da Constitución española.

Sociedade