ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene non subirá as taxas e impostos municipais no 2013. O PP retirou a sua proposta de modificación de 2 das ordenanzas fiscais, á vista de que os tres grupos da oposición ían votar en contra da suba do lixo e do rodaxe de veículos, o equivalente ao IPC.
No pleno celebrado dende as 8,30 desta mañá, tamén se debatíu sobre a paga extra de Nadal aos traballadores municipais. A pesar de que os grupos da oposición argumentaron a inxustiza desa medida adoptada dende o goberno central, o PP defendeuse afirmando que non poden saltarse a lei e que non ten compentencia algunha para abonar a paga extra.
O grupo de goberno do PP levaba a pleno a subida da taxa do lixo e do rodamento, nun 3,4% acorde coa subida do IPC. Todolos grupos argumentaron que estamos diante dunha crise económica bestial na que a subida do IPC xa non é o que era porque os salarios non suben na mesma proporción, mais ben ao contrario. O poder adquisitivo das familias baixa e xa están esquilmadas o suficiente pola subida doutros impostos e pola subida dos prezos en xeral.
Para o PSOE a do lixo é unha taxa sostible nun concello que ten as contas saneadas, por iso non é o momento de subidas. Sobre todo cando a taxa do lixo subeu nos ultimos anos un 70%. Afirmou que non pode subirse precisamente este ano no que salarios e pensións víronse mermados.
O BNG criticou a falla de criterio do grupo de goberno á hora de subir “a boleo” unha ou outra taxa. Así é, afirma Manuel Polo, que o ano pasado conxelaron todas e este, en peor situación económica para os veciños, pretenden subir duas. Nun ano no que subeu o IBI entre 20 e 50 €, segundo indicou.
A concelleira de EU, M. Carmen Martínez, criticou a premura dun debate que debera darse antes. E postulouse en contra de calquera subida porque sumando recibos é demasiado para as familias que ven como cae o seu poder adquisitivo.
Ao final o alcalde anunciou a retirada da proposta do PP. O concelleiro responsable de Facenda, calificou de falta de responsabilidade da oposición neste pleno ao referirse á paga extra de Nadal. En relación coa paga de Nadal, JJ Franco calificou de “tolería” querer saltarse a lei. Afirmou que o concello non ten competencia algunha para abonar esa paga e engadíu que o Real decreto garante que os cartos están aí e revertirán nos traballadores no futuro. En Fene supoñen uns 130.000€.
O concelleiro socialista, Antón Noceda, asegurou que o concello non ten porque sentirse amarrado legalmente a esa medida, nin refrendala. Asegurou que o goberno quita eses cartos aos traballadores para entregarllos aos bancos. Ademais quitan ese diñeiro do mercado, nunhas datas tan sinaladas como as de Nadal, afogando o consumo. Afirmou Noceda que a suposta devolución, que non se sabe cando será nin de qué maneira a apuntou a unha posible inconstitucionalidade da medida. Noceda referiuse en todo momento ao que dí o “Grupo Francis Lefebvre” asesor legal das Administracións públicas.
O portavoz do BNG, Manuel Polo, calificou a medida de "inxerencia do goberno central na administración local que ten as competencias para xestionar os seus diñeiros". Engadíu que Fene tiña rexistrado no Orzamento deste ano 14 pagas aos seus traballadores e agora se carga unha. Preguntouse Polo "a qué se destinará ese diñeiro, eses cartos dos traballadores co que xogan dun xeito oscurantista". En relación coa retención da paga extra do Nadal, o portavoz nacionalista afirmou que o único que pretenden é engordar as arcas das entidades financieiras.
EU sumouse á oposición da medida e reclamou o abono da paga. E consensuou co resto da oposición que o diñeiro requisado vai parar ás entidades financieiras. Tampouco prosperou a supresión da taxa relativa á tala de masas arbóreas. O PP propuña adaptarse á Lei de Montes. Os grupos da oposición propuxeron que se elabore outra disposición para compensar os desperfectos dos camiños e viais do concello que provocan os madeiristas. Engadiron que a lei de Montes non suple esa ordenanza.