Fene na I Mostra da Formación Profesional

Fene na I Mostra da Formación Profesional

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cincuenta alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Fene visitan nesta xornada o Palacio de Cristal de Madrid onde se está a celebrar a primeira edición da Mostra da Formación Profesional.

Como colofón á Semana da Formación Profesional que organiza o Ministerio de Educación en colaboración cos distintos gobernos autonómicos, conclúe hoxe no Pavillón de Cristal da Casa do Campo de Madrid a I Mostra de FP. Trátase dun encontro no que se ofrece información, asesoramento e orientación aos xóvenes que queiran encamiñar o seu futuro cara esta rama do ensino.

Segundo explicou a Radiofusión Roberto Rodríguez, un dos alumnos do IES de Fene que hoxe visitan a mostra, "é unha iniciativa moi útil e interesante" para os xóvenes que deben enfrontarse a unha elección no seu itinerario formativo ao rematar a ESO, os programas de Cualificación Profesional ou o Bacharelato.

Ate o domingo permanecerán en Madrid os alumnos/as do IES de Fene. No tempo que lles resta de excursión aproveitarán para coñecer a cidade e facer outro tipo de visitas culturais.

Sociedade