Fene na memoria

Os obradoiros de memoria volven á radio mentres siga o coronavirus
01 de Decembro, 2020 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

Todos os martes ás 12h en Radio Fene emítese o programa "Fene na memoria" en colaboración cos Servizos Sociais Municipais de Fene. Se non nos podemos xuntar nos obradoiros, sempre non quedará a Radio.

ESCOITA O PODCAST:

Reanudamos esta mañá en Radio Fene os programas Tardes Activas dos Servizos Sociais municipais de Fene. Obrigados polo coronavirus e ante a imposibilidade de que os participantes nos obradoiros poidan reunirse fisicamente, retomamos esas actividades para manternos activos e activas. Serán os martes de cada semana ás 12 do mediodía, baixo o título de “Fene na memoria”. Con nós estarán a responsable deste programa de envellecemento activo, Mª Xosé Paz e os monitores e os participantes. Hoxe contamos coa axuda de Fernando Bermúdez Rodríguez e a voluntaria foi Fina Barcia quen participou nos xogos musicais e de palabras propostos. Tamén iniciamos unha proposta para que as persoas participantes nos deixen unha paisaxe do lugar de Fene onde viven. Na anterior fase do programa, todos contaban anécdotas do Perla. Agora deben falarnos da paisaxe que se ve desde a súa casa e recomendar algo que ver nese lugar. Mª Xosé Paz. Sírva de exemplo o de Fina Barcia, quen propuxo atravesar a ponte do tren e visitar o mosteiro do Couto. Fenando  Bermúdez propuxo os xogos e a adiviñanza de palabras galegas  nada comúns como pandego, cuzo, zamelo, lestada ou picapeixe. Deixounos un reto para facer na casa durante a semana. Elaborar unha figuriña de papel, un barquiño ou unha paxariña ou o que saiban.

(Na imaxe, un barquiño de papel elaborado esta mañá polo persoal da radio)

 

Institucional

Publica o teu comentario agora