Fene precisa un albergue

O alcalde de Fene afirma que hai que ser previsores diante do Xacobeo 2021
23 de Xullo, 2019 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

Fene pensa nun albergue de pelegríns. O alcalde falou tamén das licencias urbanísticas municipais que van acelerar a súa tramitación.

ESCOITA O PODCAST:

Vivendas en reserva.

O novo plan de vivenda da Xunta presentouse o xoves pasado. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, considera que hai novidades que poden favorecer ao concello. Entre elas a nova lei de rehabilitación vai facilitar a emisión de licencias máis rapidamente porque será directamente o concello quen as emita sen ter que pasar o trámite de Patrimonio. Galego tamén se referiu á necesidade de ter en Fene unha reserva de vivendas a disposición para cubrir as necesidades especiais e imprevistos. Interésase o concello por uns baixos nas vivendas de Conces.

Un albergue.

En palabras do alcalde, Fene ten que prepararse para o Xacobeo 2021. Cada vez son máis os pelegríns que paran no noso concello e deciden quedar sen ter en moitas ocasións onde facelo. O alcalde de Fene asistiu á presentación do Plan estratéxico do Xacobeo 2021 que se presentou a semana pasada e transmitiunos as súas ideas sobre a necesidade de que Fene conte cun albergue de cara ó ano que ven. Galego declarou que  hoxe en día o problema da hospedaxe dos pelegríns vaise resolvendo, cedéndolles o ximnasio do colexio A Xunqueira ou o pavillón (na imaxe) pero para o 2021 prevese un enorme incremento de visitantes e isto, sumado a dous Xacobeos máis en 2027 e 2032,  evidencian que o albergue de Fene deberá ser unha realidade.

Institucional

Publica o teu comentario agora