Fene queda sen cursos de formación ocupacional

Fene queda sen cursos de formación ocupacional

15 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Para o voceiro do Bloque no Concello, Manuel Polo, “resulta moi triste ver cómo se desfai o traballo de tantos anos nunha área de formación que foi un referente na comarca”.O nacionalista afirma que "o ano pasado foi por culpa do goberno local que foi incapaz de cumprir os prazos de contratación dos monitores, e este ano é pola falla de compromiso da Xunta de Galicia con Fene”

Perante esta situación, o BNG plantexará ao conxunto dos grupos da corporación fenesa a necesidade de manter unha xuntanza de todos os portavoces municipais coa Consellaría de Traballo e Benestar, co obxectivo de tentar recuperar algún curso para Fene.

Sociedade