Fene responde á alerta sanitaria

Fene responde á alerta sanitaria
16 de Marzo, 2020 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

A casa do concello de Fene permanece practicamente pechada ao público. Un conserxe informa aos cidadáns na entrada e traballan os servizos declarados como imprescindibles. Parte do persoal xa traballa desde a casa.

ESCOITA O PODCAST:

“Fene responde moi ben á alerta sanitaria” afirmou o alcalde Juventino Trigo esta mañá en Radio Fene. Non houbo incidentes destacables na fín de semana e o 99,9% do comercio e a hostelería pechou as portas, acatando as instruccións da alerta. Ata o momento da entrevista, Fene non rexistraba ningún caso de infección polo coronavirus, en palabras do rexedor que destacou a lección de comportamiento da veciñanza.

Servizos municipais en funcionamento.

- Conserxería Municipal
- Estatística (Padrón Municipal de Habitantes)
- Rexistro de Entrada Municipal e Portelo Único
- Secretaría Xeral
- Rexistro de facturas telemático (Intervención)
- Pago a provedores (Tesourería)
- Departamento de Obras e Servizos
- Cemiterios
 

As instrucción do DOG foron variando desde o venres ata última hora da noite do domingo. A casa do concello de Fene está prácticamente pechada ao público porque parte do persoal fai teletraballo. O concello de Fene solicitou á Deputación provincial os accesos externos para o persoal que traballará desde a casa. Únicamente algún servizo que se cataloga como imprescindible requiere da presencia física do persoal. O Rexistro traballa pero recomendase aos cidadáns que envíen os documentos vía telemática ou pregunten por teléfono como deben facer. Neste sentido, o concello de Fene ben de suspender, ata que remate esta situación, a presentación de documentación para a bolsa de peóns que acababa de abrir o prazo antes de declararse a alarta.

Os servizos municipais abertos son: a conxerxería da entrada para informar aos cidadáns; a Policía local; comunicación (páxina web e Radio Fene), pago de facturas, o Rexistro e a Secretaría Xeral, obras e servizos para a recollida do lixo e outras necesidades de urxencia. A policía local ponse a disposición das autoridades competentes e o seu cometido é controlar que se cumplen as normas establecidas de circulación na vía pública. O seu labor é ante todo informativo, segundo Juventino Trigo.

Axuda a domicilio traballa normalmente e estase pendente de novas instruccións. Neste eido de traballo tan delicado ao tratarse de persoas maiores, Juventino Trigo comunica que protección civil está a disposición de calquera persoa maior que viva soa e necesite axuda. “Botaranlle unha man no que precisen” insiste o alcalde fenés, quen reitera finalmente as recomendación xerais das autoridades sanitarias.

Teléfonos de interese:

- Casa do Concello (981 492 788)
- Policía Local (981 492 777)
- Protección Civil (663 379 073)
- Servizos Sociais (981 492 706)

Institucional

Publica o teu comentario agora