Fene responde

Fene responde
05 de Setembro, 2023 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

“Sempre hai que facer cousas porque Fene responde”. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, satisfeita co resultado do Outlet recen celebrado xa ten a vista posta no Nadal. Conversamos con ela en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“O que me transmiten é que foi positivo para os establecementos”, valora a concelleira o resultado da celebración do Outlet. “A xente respondeu a pesar do tempo do venres”. A responsable de Promoción Económica e Turismo xa comeza planificar actividades para a celebración do Nadal. Volverán ter protagonismo todas as parroquias e haberá de novo festa de Fin de Ano, logo do éxito do ano pasado, e quere introducir algunhas novidades coa implicación dos centros escolares. 

Institucional

Publica o teu comentario agora