Fene sabe a mar

Fene sabe a mar
11 de Setembro, 2023 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

Saborosos petiscos cociñados con produtos do mar e da terra podense degustar de balde este luns en Fene. Unha foodtruck, estacionada na rúa do Concello, trae a Fene a campaña “Galicia sabe a mar” promovida pola Consellería do Mar

Mexillón en escabeche con humus de fabas de Lourenzá e wakame. Dúo de croquetas choco na súa tinta con alioli e de queixo San Simón da Costa con membrillo e ventresca de bonito. Son os petiscos que podemos probar durante toda a xornada. “O noso receitario dispón de trece receitas que vai rotando cada día, segundo o que dispoñamos de produto”, explicou Sergio Paz, o chef que está a fronte dos fogóns nesta campaña da Xunta que conta co apoio do Concello de Fene. “Ten todo o noso apoio”, destacou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, que considera “moi importantes iniciativas coma esta que poñen en valor os nosos produtos” e agarda que a iniciativa sexa un éxito e que acuda moito público probar os petiscos. Quen queira saborealos pode facelo ata as tres pola mañá e de seis a nove en horario vespertino. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora