Fene tivo saldo demográfico negativo no 2014

Fene tivo saldo demográfico negativo no 2014

13 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene estréa 2015 con saldo demográfico negativo, segundo os datos que figuran no Xulgado de Paz. O xuiz de paz de Fene, Manuel Vigo, aportounos esta mañá os nacementos, falecementos e vodas rexistradas no 2014. O ano pasado naceron en Fene 72 pequenos, seis máis que no ano anterior, pero lonxe dos 105 que nacían no 2012. Para o xuiz de Paz fenés, Manuel Vigo, o desemprego e a emigración da xente nova inflúe decisivamente na e

72 nacementos rexistrou o Xulgado de Fene no ano 2014 por 63 falecementos no mesmo período. O dato podería facernos pensar que o saldo demográfico sería positivo pero non é así porque os falecementos producidos son máis de 63 dado que no xulgado fenés rexístranse só as persoas que falecen no seu domicilio. Faltan por contabilizar os falecidos no hospital que acaban rexistrándose en Ferrol. Ese dato do 2014 aínda non está publicado no Instituto Nacional de estatística (INE) e supónse que incrementará o número de falecidos. Como referencia temos os datos de 2013 no que se rexistraron 82 defuncións. Así que podemos supor que o numero de falecidos volverá superar o de nacidos, segundo palabras do xuiz de paz de Fene, Manuel Vigo. Aínda así, recoñece Manuel Vigo un lixeiro repunte dos nacementos (72) se o comparamos cos do 2013 que non pasaron de 66.

No que respecta ás vodas rexistradas no xulgado en 2014, asistimos a un lixeiro repunte pasando das 53 no 2013 ás 56 do ano pasado.

Por outro lado, os conflictos que debe resolver o xuiz de paz foron moi poucos polo que conclúe Manuel Vigo que Fene é un concello cun baixo nivel conflictivo. Outro dato moi positivo é que o Xulgado de Fene está á altura dos tempos, cos medios tecnolóxicos ao día, o que facilita que calquera xestión  se faga ao momento. A cruz está na actual reforma lexislativa que pretende desviar algunhas das funcións dos xulgados ás notarías e aos rexistros da propiedade, co conseguinte custe económico e trastorno para os cidadáns.

Sociedade