Fene, a tutti churrasco

Fene, a tutti churrasco

30 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Para entrar ben no no mes de xuño, organízanse catro fantásticas churrascadas en Fene. O sabado 8 de xuño as farturentas churrascadas están organizadas pola Comisión de Festas de Maniños e polo CMI Unidade de Fene. A primeira co obxectivo de recopilar cartos para as festas do verán e a segunda para celebrar a Festa do Deporte. O 15 e 23 de xuño, os criollos degustaránse en Perlío, en sendas citas gastronómicas organizadas, a

A de Maniños

Para comezar, comisión de festas de Maniños terá preparado para o sábado 8 de xuño unha churrascada no campo de O pote no que se poderá degustar churrasco, chourizos criollos, cachelos, pan, postre e café por un prezo de 10 euros por persoa. Terán instalada unha carpa na que desfrutar da comida que ademais pode reservarse para levar. A churrascada comezará ás 2 do mediodía, e pola tarde amenizarán a velada diferentes grupos de baile. A membro da comisión de festas Mariela Aguilar fai un reconto dos mesmos. CORTE MARIELA CHURRASCADA 30 05 Podes chamar xa para reservar mesa ao número 607 911 139 ou tamén ao 696 258 788.

A do CMI Unidade de Fene

O mesmo sabado 8 de xuño, ofrece churrascada a prezos populares o CMI Unidade de Fene porque ese día celebran en San paio a Festa do Deporte e a apertura da tempada de piscina. Dende as 4,40 da tarde celran encontros de futbol sala das escolas da entidade. Ás 7,30 actua o Mago Cortizas e ao rematar comezará a farturenta churrascada amenizada polo Dúo Caramelo.

As de Perlío

Unha semana mais tarde a comisión de festas de Perlío organiza outra gran churrascada na que ofertarán costilla, chourizos criollos, cachelo, viño, auga, pan mais bola azucrada de postre por un precio de 10 euros por persoa.
A churrascada terá lugar a carón da piscina de Centieiras, o sábado 15 de xuño a partir das 9 e media da noite. Amenizando a festa estará a solista Tania. Para disfrutar da noite debemos reservar no número de teléfono 981 340 283

Aínda para a noite de San Xoán, a AVV de Perlío convoca a sua gran churrascada popular na praza da Escola ás 21horas do 23 de xuño.

Sociedade