Fene vístese de verde

O concello de Fene colabora coa Semana das patoloxías Mitocondriales e iluminará a súa fachada o dia 13 de setembro.
10 de Setembro, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

A enfermidade mitocondrial é unha doenza rara que comporta un trastorno xenético debilitante. Darlle visibilidade é o obxectivo da asociación.

ESCOITA O PODCAST:

A fachada do concello de Fene iluminarase de cor verde o próximo sabado 14 de setembro para visibilizar as patoloxías Mitocondriales. A iso se comprometeu a concelleira Tamara Miragaya, responsable da área social, cos representantes da asociación AEPMI ( Asociación de enfermos de Patoloxía Mitocondrial). Na campaña deste ano propoñen que se adique un dia nas escolas e centros de traballo a falar desta doenza; facerse fotos participando nalgún dos actos da semana mundial que vai do 15 ao 21 de setembro; ou cargar o perfil nas redes social cun lazo verde.

Xunto co de Fene tamén se iluminará o concello de Ferrol, en palabras de Ana Isabel Vázquez, representante da asociación (na imaxe). A enfermidade mitocondrial é unha doenza rara que comporta un trastorno xenético debilitante que causa disfunción ou fracaso de múltiples órganos e sistemas. Hai poucos tratamentos eficaces e non ten cura. Unha de cada 200 persoas leva a mutación xenética que podería poñelos en risco de desenvolver unha enfermidade deste tipo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora