Fene volverá ter un Salón Outlet ao final do verán

Fene volverá ter un Salón Outlet ao final do verán

27 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os comerciantes de Fene retrasan a celebración do Outlet que normalmente facían a primeiros de setembro. Conscentes dos gastos que as familias deben afrontar nese mes co comezo do curso escolar, van retrasar o salón das oportunidades.  O concelleiro de Facenda e Promoción Económica de Fene, Juan José Franco, reuniráse mañá coa asociación de comerciantes O Cruceiro para fixar as datas que máis lle conveñan ao secto

Juan Jośe Franco presidiu onte a Mesa Local de Comercio na que se avaliou moi positivamente o resultado do Certame de Tapas, cun record de participación tanto por parte dos hosteleiros como dos clientes, movendo este ano a 12.000 persoas. Por iso el mesmo proporá ao sector da hostelería unha nova iniciativa, noutra xuntanza que manterá con eles mañán para aclarar co colectivo a nova Ordenanza de terrazas.

Na Mesa Local de Comercio celebrada onte, tamén se avaliou moi positivamente a edición da Guia Turística de Fene xunto cos concellos de Cabanas e Pontedeume. Unha guía que se repartirá polos comercios e locais de hostelería e que os veciños poden  solicitar tamén na Caseta de Turismo, na Área de promoción económica Pancho Allegue ou na Casa da Cultura de Fene.

Fene participará na Feira de Gastronomía comarcal, instalada no Cantón de Ferrol. O venres 30 será o dia de Fene, precisamente. Non faltará a guia turística alí nen tampouco as ameixas, como producto proprio.

Sociedade