#Fenequedanacasa

#Fenequedanacasa
03 de Abril, 2020 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene pon en marcha a partir do sábado 4 de abril o programa #Fenequedanacasa. A finalidade é facer máis doado o confinamento á veciñanza. Hai alternativas para nenos e adultos. Non pretende competir senón complementar outras iniciativas.

ESCOITA O PODCAST:

Justo Martínez Ardá explica cada unha das iniciativas en detalle:

http://173.255.131.18/audio/030420JUSTO.mp3

Segundo nos avanza o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, o proxecto foi creado fundamentalmente para a veciñanza de Fene e vai encamiñado a facerlle máis doado este período de confinamento. A iniciativa argallarase ao redor da páxina de Facebook “Fenequedanacasa” e aglutinará distintas propostas socioculturais e de mantemento físico, así como iniciativas de interacción e socialización que contribúan a ocupar este tempo dun xeito saudable e socio culturalmente activo.

A pesar da multitude de propostas que circulan polas redes sociais nestas datas, o Goberno Municipal de Fene aposta polo proxecto #Fenequedanacasa como unha ferramenta para “crear comunidade” e achegar ás persoas nestes tempos de illamento social. Por iso, Justo Martínez, anima á veciñanza de Fene a empolicarse e participar nas distintas actividades que se irán presentando ao longo desta fin de semana a través da páxina https://www.facebook.com/Fenequedanacasa/. O edil de Cultura adiantounos tamén a decisión de ampliar o prazo de presentación de orixinais aos Premio Curuxa do Humor 2020.

O programa de #Fenequedanacasa incluirá propostas para todas as idades, dende os máis pequenos e pequenas da casa aos que se animará a facer debuxos humorísticos ou contar chistes, aos maiores para os que se organizou un xogo de recoñecemento de imaxes antigas de Fene. Tamén haberá un Club de lectura virtual, un espazo para compartir fotografías que os feneses realicen dende as súas fiestras, unha sección de vídeos realizados por artistas que teñen previsto actuar no Concello de Fene ao longo deste ano 2020 e outra da “Imaxe do mes”, concibida como unha “porta virtual nestes tempos de confinamento para que coñezamos un pouco máis do noso patrimonio histórico documental”.

Programación:

Sábado 4 de abril:

10:00 h_Presentación de #Fenequedanacasa con intervención do alcalde de Fene, Juventino Trigo.

12.00 h_Presentación de “Farda de Fene dende a túa casa!

18.00 h_Presentación do Club de lectura virtual da Biblioteca Municipal de Fene

20.00 h_Presentación de “Directo con…”

Domingo 5 de abril:

10:00 h_ Presentación de “A imaxe do mes”

13:00 h_ Presentación de “Peque-humoristas en acción”

18.00 h_ Presentación de “Fene na memoria”

Cultura

Publica o teu comentario agora