A Fermosa Aldeana, Capítulo 6

A Fermosa Aldeana, Capítulo 6
06 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Din os vellos que moi perto daquela aldea que era Fene hai cen anos había un castelo e un conde...”

ESCOITA O PODCAST:

Así nos presenta a outro dos protagonistas da novela o sexto capítulo do podcast A Fermosa Aldeana. O podcast está baseado na novela de Carmen Beceiro Vizoso “La Bella Aldeana”, publicada en Barcelona en 1889 e adaptada para a radio por Paula Carballeira e Henrique Sanfiz e verquida ao galego por César Martinez Yáñez.

O “señorito” intenta unha argallada para poder participar na fiada que esa noite se celebra na casa do Montañés, o protector de Sabela trala morte da súa avoa.

Fotografía: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora