Fernández de la Vega encende a Miñoca

Fernández de la Vega encende a Miñoca

11 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Goberno central investirá 30 millóns de euros na ampliación da ponte de Rande e no acceso da AP-9 A Coruña. Así o anunciou esta mañá a vicepresidenta do goberno, María Teresa Fernández de la Vega, durante a inauguración das obras do túnel da Madroa, que unirá o Val do Maceiras, en Redondela, coa cidade de Vigo.

De la Vega asegurou que o Goberno está comprometido coa mellora da “mobilidade de Galicia “e moi concretamente coa ampliación da AP-9”. Un anuncio que facía durante a posta en marcha da Miñoca, unha das dúas tuneladoras que se encargarán de executar os máis de oito quilómetros que ten a entrada soterrada do AVE na cidade Olívica. Unha obras que se espera estean finalizadas en 18 meses e que avanzarán a un ritmo de 350 metros por mes.

 

 

 

A vicepresidenta destacou a importancia desta obra xa que supón a modernización e o progreso da nosa Comunidade, que permitirá unir a Galicia co exterior así como reducir en 50 minutos o traxecto entre Vigo e Santiago de Compostela e en unha hora a conexión entre a cidade olívica e A Coruña. Un acto no que De Vega estivo arroupada polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, así como polo delegado do goberno, Manuel Ameijeiras e o alcalde de Redondela, Xaime Rei.

 

Nova estación en Redondela.

 

O alcalde de Redondela, Xaime Rei, destacou a importancia que ten a chegada da alta velocidade para Galicia pero sobre todo para Redondela, xa que o AVE permitirá a construcción dunha estación de ferrocarril de proximidade que se situará a menos de cinco minutos do casco urbano da vila, o que segundo afirmou Rei suporá para Redondela progreso e modernización.

 


Sociedade