Fernández Moreda: ”As beirarrúas de Barallobre remataranse en marzo”

Fernández Moreda: ”As beirarrúas de Barallobre remataranse en marzo”

20 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, anuncióu esta mañá en Fene que xa está desbloqueado o millón seiscentos mil euros que investirá o órgano provincial nos Plans de Obras e Servicios daquí a fin de ano. Son os POS pendentes desde o ano 2007. Gabouse Fernández Moreda de que as obras da Travesía de Barallobre por fin se reanudaron e estarán rematadas no prazo de 5 meses, contra o mes de marzo. Tam&eac

Puntual, ás 12 da mañá chegou a Fene o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. O alcalde Iván Puentes recibiuno ás portas da casa do concello, acompañado dos membros da corporación municipal entre os que se encontraban os portavoces de todolos grupos políticos. Fernandez Moreda anuncioulles o desbloqueo dos POS retrasados dende o 2007, obras que no seu conxunto suporán un investimento de 1 millón seis centos mil euros.

O alcalde de Fene, Iván Puentes, agradeceu ao presidente provincial o esforzo inversor da Deputación no concello fenés, nos plans de obras e servicios, na Travesía de Barallobre,no campo de futbol dos Pinares, pero tamén nas reformas dos pavillóns polideportivos ou da Casa de Cela no Parque Castelao.  

Despois do encontro coa corporación fenesa, Fernandez Moreda, revisou en Barallobre as obras da travesía que conduce aos Institutos onde saudou aos seus directores. Contra as 13:00 horas trasladouse ao campo de futbol dos Pinares para proceder á inauguración oficial e para colocar a primeira pedra dos vestiarios. O campo de herba artifical custou á Deputación 500.000 € aos que hai que engadir 200.000 máis que valen os novos vestiarios. Fernandez Moreda anunciou que as obras da travesía,paralizadas por duas veces, remataránse  no mes de marzo. Contan cun investimento total de 390.000 € que aportou na sua totalidade o órgano provincial.

Institucional