Fernández Paz lembra a súa nenez en Vilalba

Fernández Paz lembra a súa nenez en Vilalba

20 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación de Escritores en Lingua Galega homenaxeou este mediodia en Vilalba ao escritor Agustín Fernández Paz. O literato chairego lembrou a súa nenez na vila de Lugo e agreceu con emoción o acto, lembrando o seu primeiro achegamento á lectura na súa casa familiar. No acto descubreuse un monolito dándolle o nome de Agustín a un parque da localidade.

O presidente da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias e o alcalde de Vilalba Gerardo Criado entregaron ao escritor unha peza escultórica de Silverio Rivas. Os actos finalizaron cun xantar no Parador de Turismo.

Cultura