Fernando Fernández, ex alcalde de A Veiga: “A oposición non explicou o porqué da miña censura”

Fernando Fernández, ex alcalde de A Veiga: “A oposición non explicou o porqué da miña censura”

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Fernández sospeita que o novo equipo de goberno agocha intereses empresariais que el viña frustrando: “Chamáronme ‘ecoloxista radical’ porque dicían que puxen atrancos para o desenvolvemento industrial de A Veiga, que foi declarada Municipio Turísitico Galicia. Ademais, eu non vexo posibilidade de que grandes empresas se veñan instalar aquí”.

En realidade existen dous proxectos que Edesio Yáñez aspiraría a desenvolver no concello. Por unha banda, un parque eólico en Trevinca, mais “conta con informe negativo e desconfío que se poña outra vez sobre a mesa”, explica o edil socialista. O segundo caso é o dunha estación de esquí, á que Fernando Fernández non lle concede ningunha posibilidade: “O 29 de outubro de 2004, Fraga veu a Trevinca con tres informes, un deles encargado por Feijóo, que dicía que era inviable”, conclúe.

Institucional