Fernando González: "A guerra civil cortou o medre do viño na Ribeira Sacra"

Fernando González: "A guerra civil cortou o medre do viño na Ribeira Sacra"
30 de Novembro, 2022 - 11:57 h. | Publicada por Radiofusión

A guerra civil cortou o medre do sector do viño na Ribeira Sacra afirma Fernando González da adega Algueira. Houbo que agardar ata os anos noventa e o cambio de século para reforzar o crecemento desta produción tan vencellada coa terra. No eido do viño, Galicia está de moda, no mellor momento da súa historia. A adega Algueira quere ofrecer un viño diferente. Como dician os vellos, aproveitar a zona da ribeira. "Que o viño sinta picar o peixe e que lle dea o sol á recacha" afirma Fernando González.

Fotografía Xan Xe

Algueira cultiva 27 hectáreas e produce 18 viños porque foxe da uniformidade para centrarse na calidade de cada parcela. Fernando González participou na presentación do podcast Lobos doentes. Guiou unha cata dos seus viños como colofón á interpretación dalgúns  fragmentos da radionovela que se pode escoitar todos os dias en Radio Fene Radiofusión e na web www.radiofusion.gal. O acto celebrouse na tarde noite de onte na tenda Vide vide en Santiago de Compostela.

Fotografia Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora