Ferozmente competitivo

Ferozmente competitivo
02 de Decembro, 2019 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

Cuartos de final da Copa de fútbol da ría. O derbi Perlío- Maniños resolveuse na quenda de penaltis. O marcador quedou en empate a uns e houbo que resolvelo a penaltis. O Perlío estivo máis acertado e levouse a vitoria.

ESCOITA O PODCAST:
Un Perlío ferozmente competitivo eliminou ao Maniños da Copa da ría de fútbol

O porteiro Rafa parou dous penaltis, subliña o adestrador Chechu Piñeiro quen recoñece a sorte nos lanzamentos das penas máximas. O Perlío xogará as semifinais de Copa nos meses de febreiro e marzo. Agora toca centrarse na liga e a segunda fase comezará o domingo oito de decembro, aínda que o Perlío descansará na primeira xornada.
O Maniños quedou polo tanto eliminado a pesar de que entraron moi ben no encontro e fixeron unha primeira parte moi boa. O técnico Pablo Mesa non se explica como chegaron ao descanso co 1-0. Agora toca pensar na segunda fase da liga. O Maniños enfrontase ao Pote na primeira cita. Empezar ben é importante, en palabras de Pablo Mesa. Empezar con bo pe despois de esquecer a dura derrota do domingo. O Cultural Maniños vai polo premio "gordo", o de competir. O primeiro da clasificación logrará  o ascenso directo e o segundo xogará a promoción. A pelexa do Maniños será polo ascenso.

Deportes

Publica o teu comentario agora