Ferrol 42 anos despois

Ferrol 42 anos despois

10 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol volve tomar a temperatura á memoria neste 10 de marzo, grabado a lume entre os traballadores do estaleiro pola morte e Daniel e Amador a mans da policia tal día como hoxe, hai 42 anos. O alcalde de Ferrol, Rey Varela, presidíu esta mañá o acto institucional, a ofrenda floral no monumento ao 10 de marzo nas Pías, e a el se uniron os sindicatos CCOO,UXT, USO e USTG que convocan ademais unha manifestación ás oito da tarde. Á mesma hora

Covenios colectivos.

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de EU participará na mobilización polo 10 de marzo en Ferrol lembrando que asistimos a “unha demolición de dereitos laborais sen parangón nos últimos 30 anos”. EU lembra que cada vez son máis os convenios colectivos que non se renovan, co risco da ultraactividade e a perda de dereitos contidos neles. Este feito por en relevancia as loitas do 72, loitas que tiveron como eixo mobilizador a negociación colectiva e os dereitos laborais.

Navanti.

O Pleno do Congreso dos Deputados vai debater mañá martes, día 11 de marzo, unha moción da deputada do BNG, Rosana Pérez, que insta ao Goberno a adoptar unha serie de medidas plantexadas polo BNG para asegurar carga de traballo aos estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol. Rosana Pérez pón sobre a mesa un auténtico Plan Industrial destinado a garantir a viabilidade futura do sector naval galego. As propostas van desde a construción do dique flotante, até a diversificación de xeito que se remate co monocultivo militar, a creación de Unidades Territoriais como é un Complexo Integral da Construción Naval na Ría de Ferrol con direción única e competencia completa, consolidar a situación financeira da empresa, parar a política de reestructuración permanente do sector, entre outras moitas medidas que serán explicadas pola parlamentar nacionalista na sesión plenaria.

A moción da deputada do BNG é probabelmente o último punto da orde do día que se tratará mañá no pleno que comezará ás 16 hroas.É previsíbel que non se debata esta moción antes das 20 horas. A votacións serán a última hora do pleno, en torno ás 21 horas.

Sociedade