Ferrol abre a 1ª Feira do Libro do calendario galego

Ferrol abre a 1ª Feira do Libro do calendario galego

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañán dia 21 inaugurase a Feira do Libro de Ferrol, co pregón de Vicente Araguas ás 7,30 da tarde e a posterior presentación do seu libro “Xuvia-Neda animado polas cancións de Roger de Flor. A de Ferrol é a primeira das dez citas en Galicia coas feiras do libro que rematarán en Monforte o 28 de agosto. Esta de Ferrol adícase ao escritor Juan Farias porque, segundo o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fern&aacu

A Feira do libro de ferrol encárase con optimismo, sabendo que se mantén o número de expositores e que evoluciona cara a unha cita cada ano que pasa, máis interactiva, segundo Fernández Maira. Non faltarán na feira ferrolana as última novidades literarias, as últimas tendencias, e por suposto os escritores locais que veñen de publicar, como é o caso do propio pregoeiro, Vicente Araguas- Xuvia-Neda- ;de Rosa Aneiros- Sol de inverno- gañadora do Premio Xerais 2009; Jorge Llorca - O´ salto do Can- ou Antón Cortízas- Ao pé da Laxa da Moa-  

Pero tamén hai reclamos de tanto peso como a presencia do ex Ministro de Cultura, César Antonio  Molina, ou de Rosa Regás. As casetas abren ás 10 da mañá  e o pregón resérvase para as 7,30 da tarde no Cantón de Molíns. Unha hora máis tarde o cantante roger de Flor pon a nota festiva á presentación do libro de relatos de Vicente Araguas, recén publicado por Edicións Xerais de Galicia.

Sociedade