Ferrol acolle a primeira Feira do Libro do 19 ao 23 de abril

Ferrol acolle a primeira Feira do Libro do 19 ao 23 de abril

18 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cultura e Educación e a Federación de libreiros de Galicia asinan un convenio para a celebración das Feiras do Libro 2013.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a celebración do calendario de Feiras do Libro de Galicia 2013, que amplían a colaboraci&oac

As feiras iniciarán o seu percorrido polas catro provincias galegas no mes dos libros. A primeira parada será no concello de Ferrol, do 19 ao 23 de abril. Na capital de Galicia a cita será desde o 27 de abril ata o 5 de maio. No mes das letras tamén será a quenda das feiras de Lugo, do 14 ao 19 de maio, e de Pontevedra, do 21 ao 26. Ourense celebrará a súa feira do libro entre o 4 e o 9 de xuño e posteriormente terán lugar as feiras de Vigo, do 28 de xuño ao 7 de xullo; e de Rianxo, do 25 ao 27 de xullo. No mes de agosto serán as feiras do libro da Coruña, do 1 ao 11; de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 17 ao 20; e de Monforte, que pechará a edición de 2013 entre os días 22 e 25.

Sociedade