Ferrol acolle a reunión de edís de urbanismo das cidades galegas

Ferrol acolle a reunión de edís de urbanismo das cidades galegas

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol acollerá mañá unha reunión dos concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas. O inicio do encontro está previsto para ás 11 horas, no pazo consistorial, e, tal e como avanzou o edil de Urbanismo de Ferrol, Ángel Mato, acudirán ao mesmo os seus homólogos de A Coruña, Obdulia Taboadela Álvarez; Lugo, María Novo Pena; Ourense, Áurea Soto Vázquez, Santiago de Compostela, Mercedes R

O primeiro destes encontros celebrábase o pasado 7 de outubro de 2009 en Pontevedra e desta xuntanza, que fora calificada como moi frutífera por parte de todos os participantes, acordábase manter contactos periódicos, sendo o segundo deles en Santiago, en novembro dese mesmo ano. Agora tócalle o turno a Ferrol, que albergará a dita xuntanza sectorial na que, nunha ocasión máis, os responsables municipais en materia urbanística estudarán os problemas comúns das cidades ás que representan relativos á planificación e xestión urbanística, así como as relacións coa Comunidade Autónoma e as solucións a adoptar.

O feito de que as sete grandes cidades supoñan o 40% da poboación galega e de que a concentración demográfica nas urbes é un proceso que se prevé manter nos vindeiros anos levou aos concelleiros de Urbanismo a entender que é ineludible que entre todos teñan éxito no reto de construír espazos urbanos de convivencia, sostibles e compactos que permitan garantir a calidade de vida dos cidadáns, sendo esta unha tarefa común independentemente de intereses partidistas. Manter aberto e fluído o diálogo sobre a ordenación do territorio é outro dos aspectos nos que coinciden os concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas e que mañá se abordará nesta nova xuntanza.

Sociedade