Ferrol acollerá en xuño o V Congreso Europeo de Turismo Industrial

Ferrol acollerá en xuño o V Congreso Europeo de Turismo Industrial

10 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Deputación, Diego Calvo, presentou esta mañá no Teatro Jofre xunto co alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, as primeiras liñas do programa do V Congreso Europeo de Turismo Industrial que se celebrará na cidade ferrolá entre o 17 e o 19 de xuño do ano 2014 despois de que a Deputación da Coruña defendera esta candidatura na anterior edición do evento celebrada en Sant Joao da Madeira (Portugal). Na presentaci&oacu

A elección do Teatro Jofre coma lugar de celebración da rolda de prensa non foi causal, xa que este espazo municipal será a principal sede do congreso durante os días de xuño que se celebre e nos que Ferrol será a capital europea do turismo industrial.

O presidente da Deputación asegurou que “Ferrol ten que mostrar ao mundo as súas características singulares e únicas” e adiantou algún dos datos recollidos ao longo das reunións de organización celebradas onte, nas que, entre outras cuestións, fixáronse os tres grandes asuntos de debate que centrarán o congreso: Identidade, industria e cultura; Industria naval, pesqueira, rutas marítimas e portos; e Patrimonio Industrial.

Calvo destacou a importancia que terá a celebración deste evento na cidade de Ferrol, xa que “aparte dos máis de 300 participantes con que contamos, temos que valorar a repercusión que acadaremos a nivel internacional ao apostar claramente polo turismo industrial como valor diferencial”.

“Mostraremos ao mundo as posibilidades únicas que ten Ferrol para ser un destino turístico”, explicou Calvo antes de engadir que “sabemos, e así o vimos desde a Rede Española de Turismo Industrial que preside a Deputación da Coruña, que existe unha nova forma de facer turismo máis evolucionada e na que Ferrol ten moitísimo que dicir”.

A elección de Ferrol coma sede do V Congreso Europeo de Turismo Industrial decidiuse na clausura da IV edición deste. O presidente do Comité Científico que organiza o programa do Congreso, o profesor Antón Álvarez Sousa, asegurou que a posta en marcha deste evento internacional é un motor turístico en si, que demostra a “importancia do turismo de congresos” porque “ter aquí a máis de 300 persoas que coñecerán Ferrol é algo moi positivo para a cidade”.

Sociedade