Ferrol acollerá esta fin de semana unhas xornadas sobre “Europa e o cambio climático”

Ferrol acollerá esta fin de semana unhas xornadas sobre “Europa e o cambio climático”

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O obxectivo do encontro é informar e debatir sobre cómo nos afecta o cambio climático e por qué éste debe ser un tema estrela na próxima Presidencia española da Unión Europea. As xornadas están organizadas polo Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE) e celebraranse tamén noutras ciudades como Salamanca, Oviedo ou Madrid.

O profesor de Ecoloxía na Facultade de Ciencias do Mar de Vigo, D. Emilio Fernández Suárez, será o encargado de inaugurar o sábado as xornadas sobre “Europa e o cambio climático”, no salón de actos do Campus de Esteiro. Logo desta primeira conferencia, na que se falará sobre a “crise ambiental do século XXI”, intervirá o Catedrático de Xeografía Física, D. Augusto Pérez Alberti, para falar das “evidencias do cambio climático na costa de Galicia”. A continuación tomará a palabra o médico de Atención Primaria e coordenador do equipo de investigación Trasancos da Área Sanitaria de Ferrol, D Carlos Pieñiro, cunha ponencia sobre o “Cambio Climático e os escenario de saúde”. Xa para o final anúnciase unha mesa redonda, a modo de conclusión, sobre o “home e o cambio climático”.

As xornadas están dirixidas ao público en xeral, pero especialmente aos mozos/as, estudantes de secundaria e universitarios porque, segundo o INICE,  “eles son os que van ter que sofrir as consecuencias das acción e decisión que agora tomemos como cidadáns activos”.

Sociedade