Ferrol, cidade da Ilustración

Ferrol, cidade da Ilustración

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Fundación Ferrol Metrópoli organiza unha conferencia-coloquio para afondar na historia da Ilustración nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. O encontro será este mércores, 7 de outubro, na Casa da Cultura de Fene. Comezará ás oito do serán.

Nesta ocasión o convidado por Ferrol Metrópoli para falar sobre “A Ilustración na bisbarra de Ferrol” é o director do Centro Internacional de Estudios sobre Fortificacións e Apoio Loxístico (CIEFAL), ademais de membro do Comité Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), D. Juan Antonio Rodríguez-Villasante.

A intervención do estudoso (e autor de numerosas publicacións sobre a tema) ilustrarase cunha pequena selección dos paneis da exposición “Ferrol de la Ilustración cara el Patrimonio de la Humanidad”, de Ferrol Metrópoli.

Sociedade