Ferrol contará cunha Unidade de Atención a Migrantes

Ferrol contará cunha Unidade de Atención a Migrantes

06 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol vén de asinar un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, do que se beneficiarán persoas inmigrantes e retornadas, coa posta en servizo da Unidade de Atención a Migrantes. A mesma prestará atención, información, orientación e asesoramento xurídico e sociolaboral. O obxectivo é facilitar a integración social das persoas inmigrantes e retor

Así, as persoas que formen parte deste colectivo poderá recurrir ao Concello para coñecer a súa situación xurídica e os trámites administrativos que teñen que facer.

Competencias desta oficina municipal serán as de facilitar todo tipo de información acerca de programas formativos e de orientación e inserción laboral. Este acordo de colaboración ascende ós 70 mil €, dos que a secretaría xeral de emigración achega 50 mil en tanto que o resto sae das arcas municipais.

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a 1 de xaneiro de 2010 o concello de Ferrol ten censados un total de 2.328 inmigrantes, aos que hai que engadir os emigrantes retornados e os seus descendentes.

Sociedade