Ferrol contra o Caudillo

Ferrol contra o Caudillo

10 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gravísimo incidente. La bella ciudad de El Ferrol del Caudillo ha sido víctima de lamentabilisimos incidentes a los que hay que calificar de muy graves. La fuerza pública se vió obligada a disparar contra una manifestación formada por varios miles de personas. Hubo un muerto y numerosos heridos. Ese era o comentario na primeira páxina do Abc, o sábado 11 de marzo de 1972.

Ferrol era a cidade natal do dictador Francisco Franco. Pero tamén durante moito tempo foi o primeiro núcleo industrial de Galicia e aquí naceu o movemento obreiro xa desde finais do século XIX. No primeiro terzo do século XX os anarquistas e a UXT repartíanse forzas nos estaleiros ferroláns. Nos meses seguintes ao golpe de estado de 1936 foron asesinadas arredor de 800 persoas na comarca, sendo o seu único delito a pertenencia ou a simpatía con partidos e sindicatos de esquerda.

Pero a masacre nen eliminou nen paralisou a rebeldía, somentes a retrasou. En 1946 a primeira movilización contra Franco prodúcese en Ferrol, a denominada folga do aceite. Nos anos 60 manifestacións multitudinarias (polos aprendices da Bazan ou a Peninsular Maderera) percorren as rúas da cidade departamental, nunha imaxe insólita noutras cidades do Estado. O 10 de marzo de 1972 arredor de 5000 traballadores da Bazan participan noutra marcha demandando un convenio de factoria. A Policia Armada quere disolver a tiros a protesta, matan a 2 homes, Amador e Daniel, firen de bala a 50 traballadores, pero teñen que escapar da furia dos sindicalistas. Neste ano 2010 lémbrase de xeito especial a Manuel Amor Deus, un dos dirixentes sindicais da Bazan, primeiro secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia, falecido a causa da asbestose.

Sociedade