Ferrol dá un salto no tempo ao século XVI

Ferrol dá un salto no tempo ao século XVI

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O barrio de Ferrol Vello está a ultimar os preparativos para acoller esta fin de semana unha nova edición do Mercado Medieval. Unha das citas ineludibles do calendario estival que convirte á urbe naval na capital do Medievo. Dende mañá ata o domingo  a cidade departamental mergullaráse no mundo fantástico dos ritos e lendas do século XVI. Multitude de postos con productos artesanais e numerosas actividades lúdicas e recreativas encher&aacut

Música en directo, teatro de rúa e  espectáculos circenses, unha ducia de obradoiros, contemplarán os visitantes do Mercado Medieval de Ferrol. Asemade poderán participar en talleres de soprado de vidro, encadernación de libros en miniatura, ourive e tear. Tamén haberá obradoiros de caldereiría, elaboración de candeas, destilación de esencias e calado de madeira. E mesmo haberá oportunidade para aprender a facer escudos e espadas e a escribir en árabe. Todo un traslado no tempo.

 Para os máis pequenos o Concello disporá dun espazo infantil con actividades dirixidas especificamente para eles. O “Recanto infantil” funcionará de 11.30 a 14.30  polas mañás e de 6 a 10 polas tardes. O carrusel e a caravana de burros completan a oferta para os nenos e nenas. 

 Polas rúas de Ferrol Vello espallaránse preto de 150 postos, uns dez de artesáns de Ferrol e comarca, que se  ubicarán no entorno da Praza Vella e rúas adxacentes. Stands de coiro, madeira, herbas artesanais e gastronómicos para degustar os manxares propios da época  A animación a pé de rúa será un dos pratos fortes deste ano nunha viaxe ao pasado onde se recrean un estilo de vida e unha cultura diferente. 

 Os horarios da Feira Medieval de Ferrol é de once e media da mañá ata as dúas. Polas tardes as actividades comezan ás seis ata ás nove . A partires das nove e media e ata ben entrada a madrugada a festa permanecerá en auxe. Unha recreación do século XVI da que se pode aprender e desfrutar.

 

 

 

Sociedade